Sunday 28 de April de 2024

Aberto ata o 17 de xaneiro o prazo para solicitar un posto no Mercado Municipal de Perillo


As persoas autónomas ou empresas que queiran desenvolver a súa actividade comercial no Mercado Municipal de Perillo poden optar a algún dos postos libres mediante o pago dunha tarifa mensual moi accesible. O custo dos postos de 16 metros é de 78 euros/mes e os de 30 metros é de 117 euros/mes. Algúns están dotados de cámara frigorífica.

As persoas interesadas teñen ata o 17 de xaneiro para presentar as súas solicitudes. Para obter máis información é posible dirixirse ao Centro Municipal de Formación ou chamar ao teléfono 981610000.

O Concello ten previsto abordar unha reforma integral do Mercado Municipal a medio prazo, para a que se solicitou unha subvención europea. O proxecto presentado cumpría con todos os requisitos obxectivos pero foi denegada en base a criterios subxectivos.